Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar

Asistencia integral ás familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos con situacións evolutivas que precisan apoio no seu desenvolvemento

Quen somos

As UDIAF (Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar) son dispositivos interdisciplinarios especializados en Atención Temperá e acompañamento ás familias cando os nenos e nenas de 0 a 6 anos presentan disarmonías ou situacións evolutivas polas que precisan apoio no seu desenvolvemento persoal

Creadas en 2009 como unidades piloto de Atención Temperá, as UDIAF están situadas actualmente nas comarcas do Salnés Norte, Salnés Sur, Deza e Bergantiños e son xestionadas pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

Están financiadas ao 100% pola Xunta de Galicia mediante convenio e forman parte da Rede pública galega de Atención Temperá

Os nosos servizos

As UDIAF actúan apoiando o desenvolvemento persoal de cada neno ou nena, acollendo as preocupacións das familias e promovendo contornas que faciliten a socialización e inclusión na etapa de 0 a 6 anos.

Algúns dos nosos servizos son:

  • Acollida, información, orientación e asesoramento ás familias
  • Ofrecer un lugar de comunicación, xogo, expresión e exploración
  • Apoio aos procesos de socialización, inclusión e desenvolvemento persoal de cada neno/a nos contextos naturais de vida
  • Orientación sobre outros apoios económicos, sanitarios, educativos e sociais.
  • Coordinación cos recursos sanitarios, educativos e sociais e apoio ás escolas infantís de primeiro e segundo ciclo

  • Análise de contextos e itinerarios con identificación de factores facilitadores e barreiras. Explorar cambios nas rutinas de vida

Atención próxima, pública e gratuita

Asesoramento familiar

Contrato asistencial

Apoio ao desenvolvemento persoal

Os nosos valores

As actuacións das UDIAF están dirixidas a facilitar o progreso evolutivo de cada neno/a e a súa socialización sempre en colaboración coa familia e os recursos educativos, sociais ou sanitarios que apoian a saúde, educación e benestar de cada neno/a e cada familia

As nosas unidades

UDIAF Bergantiños

Unidade localizada en Carballo que atende aos concellos de Malpica, Ponteceso, Carballo, Laxe, Cabana de Bergantiños e Coristanco

881 946 410
bergantinos@atenciontemprana.com

UDIAF Deza

Unidade que atende a comarca de Deza e os concellos de Vila de Cruces, Agolada, Silleda, Lalín, Rodeiro e Dozón

986 794 466
deza@atenciontemprana.com

UDIAF Salnés Sur

Unidade localizada en Vilalonga (Sanxenxo) que atende aos concellos do sur da Comarca do Salnés: Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo.

886 208 275
salnessur@atenciontemprana.com

UDIAF Salnés

Unidade localizada en Vilagarcía de Arousa que atende aos concellos do norte da comarca do Salnés: A Illa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

986 185 580
salnes@atenciontemprana.com