As UDIAF (Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar) contan con profesionais procedentes de diversas titulacións de grao especializados en desenvolvemento infantil, atención temperá e apoio ás familias.
A conformación interdisciplinaria e o traballo continuado en equipo permite un enfoque biopsicosocial e comunitario dos problemas evolutivos.
Os equipos das UDIAF facilitan a cada familia un profesional de referencia que coordine as necesidades e demandas de cada caso.