As Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) do Deza, do Salnés e de Bergantiños son servizos comunitarios específicos de atención temperá destinados a establecer medidas descentralizadas e territorializadas de promoción da autonomía persoal, prevención e apoio as familias con nenos/as con discapacidades no marco do sistema público dos servizos sociais, nas idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos.
Formación e Investigación
Unidades piloto
As Unidades do Deza e do Salnés foron establecidas como unidades piloto nas comarcas do Deza e do Salnés no ano 2009, estando operativas a partir do mes de xullo dese ano co obxectivo de deseñar unha carteira de servizos, perfiles profesionais, metodoloxía de traballo en equipo, soportes e protocolos e módulos de formación para a creación dunha rede de servizos comunitarios específicos, de atención dende a proximidade as familias dos nenos/as con discapacidades de 0 a 16 anos e prioritariamente de 0 a 6 (ver Memoria de avaliación, Xunta de Galicia 2009). Posteriormente decídese limitar o ámbito do servizo a etapa de 0 a 6 anos.
No ano 2014, incorpórase a estas dúas unidades unha terceira localizada no concello de Carballo e destinada a cubrir a comarca de Bergantiños.
E no ano 2023 prodúcese o desdobramento da Udiaf Salnés en dúas unidades: a Udiaf Salnés Norte, en Vilagarcía de Arousa e a Udiaf Salnés Sur, en Sanxenxo.
As catro UDIAF están financiadas ao 100% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
Estudos realizados
Documento de organización e funcións, glosario de prestacións comunitarias e individuais . Deseño de soportes .
Memoria-avaliacion-UDIAFS-2009.pdf (textogenerico.com)
Estudo dependencia: nenos/as en situación de dependencia segundo escala eve.
Memoria-Avaliacion-UDIAFS-AGAT-2010-e-carteira-de-servizos.pdf (textogenerico.com) pp. 15-29
Estudo preliminar de acreditación e carteira servizos.
Memoria-Avaliacion-UDIAFS-AGAT-2010-e-carteira-de-servizos.pdf (textogenerico.com) pp. 7-53
Deseño lóxico e testing dunha aplicación informática para a Rede galega de Atención Temperá.
Modelo entregado á Xunta de Galicia no ano 2016 e colaboración continuada na mellora posterior
Colaboración no módulo de procesos de acollida, valoración, intervención e avaliación para o protocolo de coordinación, intervención e derivación .
Comisión Interdepartamental para o desenvolvemento do Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación derivado do Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede galega de Atención Temperá.
Estudo perfís diagnósticos utilizando a organización diagnóstica en Atencion Temperá (ODAT) .
(2015): “Las dificultades de clasificación diagnóstica en Atención Temprana . La experiencia en dos unidades de Galicia”, Revista Española de Discapacidad, 3 (1): 123-139
https://www.cedid.es/redis/index.php/redis/article/view/164
Informe xeral de avaliación e proposta de indicadores. Udiafs: Servizos comunitarios de Atención Temperá.
Indicadores para avaliar a calidade dos servizos.
(2017): “Buscando datos e indicadores para evaluar los servicios de Atención Temprana” . Revista Española de Discapacidad, 5 (i): 77-98.
https://www.cedid.es/redis/index.php/redis/article/view/259
Estudio comparativo da perspectiva das familias e dos profesionais
En proceso o estudo da categorización dos motivos da demanda, co análise comparativo da categorización feita polas familias e polos profesionais con relación ao motivo principal da demanda asistencial
Satisfacción das familias
Dende o comezo da súa actividade as UDIAF rexistran a satisfacción das familias cos servizos recibidos a través dunha enquisa anual na que puntuan a UDIAF mediante dunha escala Likert de 1 (avaliación máis negativa) a 5 (avaliación máis positiva) adaptada da escala Measure of Process of Care (2004, King & Rosembaun) na que as familias dan a sua opinión sobre a acollida recibida, a posibilidade de falar das súas preocupacións e ser escoitados, a accesibilidade e dispoñibilidade dos profesionais a satisfacción coa información, atención e orientacións que reciben e a coordinación e colaboración da UDIAF con outros recursos e servizos.
Na gráfica adxunta ofrécese a valoración global das familias sobre a atención recibida